Fuentes web
Entradas
Comentarios

É a primeira obra que lin de Dan Simmons e quedei gratamente sorprendido. Merquei os catro tomos en que está publicada en España esperando unha obra de ciencia ficción e atopei moito, moito máis.

Unha historia complexa e suxerente, intensa e atractiva. Se ademáis da ciencia ficción te gusta a historia, como é o meu caso, é unha obra completa.

Uns personaxes increíbles, perfectamente matizados e atractivos, tanto os humanos como os robots, mesmo cunha evolución perfectamente lograda por exemplo o de Daeman, un home perfectamente adaptado ó mundo de comodidad que os voynix lle ofreceran ós humáns pero que de xeito imperceptible se vai converter nun dos heroes desta humanidade que busca un novo futuro….

Hai tres escenarios nos que se produce toda a acción : un marte terraformado no que unha nova xeneración de humanos xogando ós deuses da vella Grecia, está recreando a antiga guerra de Troya, para o que reviviron ou recrearon a vellos profesores especialistas (no pasado século XX) na Iliada como asesores e cronistas; uns androides xupiterianos entusiastas da literatura da antiga terra (sobre todo Proust e Shakespeare) que van a investigar que está sucedendo en Marte; e por último o que está a acontecer na Terra e no seu entorno.

Entre os aspectos negativos está o complexo e confuso da historia. ¿Que pasou na antiga terra? ¿Quenes eran esos deuses?

De Viveiro a San Simón, dunha historia de amor de adolescentes a unha historia de amor na Guerra Civil, dunha historia de pantasmas a unha historia sobre a historia de España, esa historia que todos sabemos que ahí está e que moitos non queren ver, e máis, quereríanna borrar coma se non tiveran existido.

Unha bonita novela ben traída, moi recomendable para ler cos rapaces xa que non só a situación xeográfica, senón tamén ó ser o protagonista unha rapaza nova fai que a proximidade con eles sexa moito maior. E dende eiquí, dende o presente temos unha boa forma de falar e facer entender o que foron as esperanzas da República e o terrible pesadelo que foi a Guerra Civil e logo o longo franquismo. ¿Cantos Monchos ou Saras habería nesa longa noiote de pedra…!

Un libro desacougante. A historia da vertixe do protagonista chegoume a producir tamén a min unha especie de vertixe, combinado por suposto con aportación propias como un fin de semá de traballo intensivo (ikea).

Tamén é moi imaxinativa a historia do apicultor que conta a protagonista, aínda que os enlaces entrambas historias quedan un pouco no aire.

Unha nova historia de Bird Parker e os seus colegas Angel e Louis, aínda que nesta ocasión  a historia se centra en este último.  A súa orixe, como se converteu nun asasino e os problemas que ten no momento presente. Trepidante historia , aínda que cun final un ppouco artificioso: ¿por que os malos sempre se empeñan en matar ós “bos” dun xeito tan sofisticado, en vez de aquí te pillo aquí te mato?.

De tódolos xeitos sigo pensando que os personaxes son todos un acerto e por suposto tamén o de Louis. Igual que Lisbeth é o gran acerto de Larsson, Louis é a gran creación de Connolly.

Entradas antiguas »